Inicio / Libros de texto / 1º bachiller / Griego / Grego

Grego
Sin stock

Grego

DE CAL CORTINA, MATILDE / BÉRTOLO BALLESTEROS, JOSÉ MANUEL

31,00 €
IVA incluido
Editorial:
*(N.D)*IBER-VARIOS
Año de edición:
2007
Categoría
Griego
ISBN:
978-84-96526-88-4
Páginas:
384
Encuadernación:
Otros
31,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.

Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación.

A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario.

Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado.

A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet.

Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames.

O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.

Artículos relacionados

  • Grego 1º-2º Bach. (2022)
    JOSÉ MANUEL BÉRTOLO BALLESTEROS / MATILDE DE CAL CORTINA
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    40,00 €

  • Griego, 1 Bachillerato
    GÓMEZ ESPELOSÍN, F. JAVIER / GUZMÁN GUERRA, ANTONIO
    1. NOS LLAMAN GRIEGOS NO POR NUESTRA RIZO SINO POR NUESTRA EDUCACION.2. LA VIRTUD ES UN ARMA QUE NADIE TE PUEDE ARREBATAR.3. CONTRA EL DESTINO NI SIQUIERA LUCHAN LOS DIOSES.4. UNA CIUDAD SON SUS GENTES, NO SUS MURALLAS.5. LOS OJOS SON LOS TESTIGOS MAS FIDEDIGNOS.6. EL AMOR POR LOS MITOS ES EL PRIMER INDICIO DEL SABER.7. EL FUNDAMENTO DE LA DEMOCRACIA ES LA LIBERTAD.8. LAS PERSO...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    43,64 €

  • Griego 1.
    NAVARRO GONZÁLEZ, JOSÉ LUIS / RODRÍGUEZ JIMÉNEZ, J
    Texto disponible

    43,95 €

  • Griego 1.
    NAVARRO GONZÁLEZ, JOSÉ LUIS / RODRÍGUEZ JIMÉNEZ, JOSÉ MARÍA
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    42,10 €

  • Grego
    DE CAL CORTINA, MATILDE / BÉRTOLO BALLESTEROS, JOSÉ MANUEL
    O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    31,00 €