Inicio / / Sociais de 2º Da eso

Sociais de 2º Da eso
Sin stock

Sociais de 2º Da eso

BREA PEDREIRA, ANA / ROMERO MASIÁ, ANA

32,85 €
IVA incluido
Editorial:
BAIA TEXTO
Año de edición:
2012
ISBN:
978-84-9995-032-7
Páginas:
270
Encuadernación:
Otros
32,85 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido a 2º curso da ESO.

As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia.

A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática.

As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras.

O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación.

O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos.

Ao final da unidade vai un apartado titulado Reforza as competencias básicas: Analizamos... (estudo monográfico dun aspecto destacado da Unidade), Traballamos con... (exemplificación de técnicas de traballo relacionadas con contidos da Unidade) e Lembra e aplica (autoavaliación que facilite ao alumnado a concreción dos coñecementos adquiridos).

Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.

Artículos relacionados

  • Mis Amigos se Han Dormido
    WEINSTONE, DAVID
    Tras dar vueltas y más vueltas en la cama, un niño sale en plena noche en busca de un lugar cómodo para dormir. Visita a un animal tras otro, todos amigos suyos, desde un tordo en su nido a un topo en su agujero, pero, aunque todos duermen a pierna suelta, sus estilos de dormir no resultan adecuados para el niño. Nuestro fatigado caminante sigue completamente desvelado hasta qu...
    En stock

    5,95 €

  • Tita
    BLANCO BLANCO CONCEPCIÓN
    Tita é a terceira avoa que teñen moitos nenos. Ela coida da casa e de todas as persoas que nela viven dende hai moito tempo. Un día, Fina descobre que a tita xa non está con eles e énchese de tristeza porque non sabe onde pode estar ou que lle puido pasar. A preocupación, pouco e pouco, vai dando pasa á sorpresa e, logo, á alegría de descubrir que o tempo non envellece nin a il...
    En stock

    8,00 €

  • El Secreto de Enola
    HERNÁNDEZ CHAMBERS, DANIEL
    El año de la caída del Muro de Berlín, Ralph lleva una vida de adolescente típico en un pueblo inglés. Su mejor amiga es Margaret, de quien está enamorado, y sufre el acoso de un chico mayor, Philip. Un día, mientras limpia la chimenea de Enola, su vecina, descubre el esqueleto de una paloma que tiene un mensaje atado a sus patas. Junto a Margaret, decide descifrar el mensaje s...
    En stock

    10,20 €

  • La Sirenita
    CHRISTIAN ANDERSEN, HANS
    Según la mitología antigua, las sirenas embrujaban con su canto a los marineros. Hans Christian Andersen se inspiró en ellas, pero la protagonista de su relato lo arriesgó todo, incluso su vida, por amor, lo que cambió la visión de estos seres a partir de entonces. ...
    En stock

    3,95 €

  • Puerto Escondido
    ORUÑA, MARÍA
    La primera entrega de la serie de «Los Libros del Puerto Escondido», ambientada en Cantabria, consagró a María Oruña como una de las voces más destacadas de la novela negra española.Oliver, un joven londinense con una peculiar situación familiar y una triste pérdida,áhereda una casona colonial, Villa Marina, a pie de playa en el pueblecito costeroáde Suances, en Cantabria. En l...
    En stock

    6,95 €

  • ¡qué Golazo!
    IGLESIAS, GRACIA
    A los chicos del barrio les gusta jugar al fútbol en la pista. Pero, ¿qué pasa cuando un día llegan y la pista está ocupada?Una historia sobre el fútbol, la amistad y cómo las situaciones controvertidas pueden tener un final imprevisible. ...
    En stock

    14,50 €

Otros libros del autor

  • Sociais 1º. eso
    BREA PEDREIRA, ANA / ROMERO MASIÁ, ANA
    En stock

    32,95 €

  • Xeografía e Historia 2º eso Lomce
    BREA PEDREIRA, ANA / ROMERO MASIÁ, ANA
    O proxecto de Xeografía e Historia de 2º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo, modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado. Estas modificacións concrétanse en: Unidades novas adaptadas ao currículo, pero presentadas seguindo a proposta didáctica da autoría e non como compartimentos estan...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    38,40 €

  • Sociais
    BREA PEDREIRA, ANA / ROMERO MASIÁ, ANA
    Descatalogado

    32,85 €