Inicio / Libros de texto / 4º primaria / Libro de lectura / O Trasno de Alqueidón

O Trasno de Alqueidón
Sin stock

O Trasno de Alqueidón

ALEIXANDRE, MARILAR

9,50 €
IVA incluido
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
2002
Categoría
Libro de lectura
ISBN:
978-84-8302-755-4
Páginas:
72
Encuadernación:
Otros
9,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Este libro está formado por tres contos: " O trasno de Alqueidón " Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man.
" Neve na Amaía " Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico.
" Chave de Ponte, Chave de Carballo " Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

Artículos relacionados

Otros libros del autor

  • A Expedición Do Pacífico
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo c...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • A Cabeza de Medusa
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,95 €