Inicio / Libros de texto / 1º eso / Libro de lectura / O Pazo Baleiro

O Pazo Baleiro
Sin stock

O Pazo Baleiro

DOCAMPO, XABIER P.

9,95 €
IVA incluido
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
2018
Categoría
Libro de lectura
ISBN:
978-84-8302-748-6
Páginas:
160
9,95 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor -que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso-, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa.En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. "Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo".

Artículos relacionados

Otros libros del autor

  • Cando Petan Na Porta Pola Noite
    DOCAMPO, XABIER P.
    Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamab...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • A Nena de Auga e o Príncipe de Lume
    DOCAMPO, XABIER P.
    ¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo.¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume.Esta nova edición de A nena de auga e o príncipe de lume,integramente correxida polo autor ofrece dous contos inéditos e presenta finais adicionais en cada un deles.Así mes...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • O Misterio Das Badaladas
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • O Armario Novo de Rubén
    DOCAMPO, XABIER P.
    Descatalogado

    6,25 €

  • O Armario Novo de Rubén
    DOCAMPO, XABIER P.
    " O armario novo de Rubén " A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. " Dacabalo da vasoira " Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver s...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    7,95 €