Inicio / Libros de texto / 4º eso / Lingua galega / Lingua Galega e Literatura 4º eso. Lomce

Lingua Galega e Literatura 4º eso. Lomce
Sin stock

Lingua Galega e Literatura 4º eso. Lomce

LÓPEZ VIÑAS, XOÁN / LOUREÇO MÓDIA, CILHA / VILARIÑO SUÁREZ, MARÍA

40,20 €
IVA incluido
Editorial:
BAIA TEXTO
Año de edición:
2016
Categoría
Lingua galega
ISBN:
978-84-9995-195-9
Páginas:
350
Encuadernación:
Bolsillo
40,20 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

O libro de Lingua e Literatura Galega 4º ESO, malia compartir as características xerais dos anteriores, presenta lixeiras modificacións para adaptarse ás especifidades do curso, a medio camiño entre a ESO e o Bacharelato; preténdese tamén que sirva de axuda para preparar ao alumnado para as probas de avaliación de fin de Ciclo.

É por iso que se organiza en 15 unidades e non en 12 como os anteriores, cos contidos de Literatura agrupados nas unidades 13, 14 e 15 (principios do século XX, posguerra e literatura actual) á fin de, por un lado, facilitar a explicación das relacións entre correntes e autores/as e, por outro, permitir unha mellor comprensión da evolución da literatura galega contemporánea. O obxectivo fundamental é promover no alumnado a visión da literatura como sistema e non como listaxe de obras, etapas e autores/as aillados/as.

Alén disto, tanto os principais períodos literarios como os/as escritores/as máis destacados/as acompañados/as dunha antoloxía representativa que permite profundar na comprensión textual e na caracterización social e estética da obra literaria.

Artículos relacionados