Inicio / Libros de texto / 6º primaria / Libro de lectura / Conta Nove Estrelas

Conta Nove Estrelas
Sin stock

Conta Nove Estrelas

MACEIRAS, ANDREA

13,50 €
IVA incluido
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
2019
Categoría
Libro de lectura
ISBN:
978-84-9121-527-1
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
13,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela. Esta arriscada decisión vaina levar a emprender unha incrible aventura xunto co seu irmán Udai, durante a cal desafiarán os límites do universo coñecido.
Porque, como diría o avó Acasi, un sol nunca será idéntico a outro sol, pero a súa luz é igual de necesaria. Porque todos provimos dun mesmo, único e primeiro latexo.

Artículos relacionados

Otros libros del autor

  • Proxecto Bolboreta
    MACEIRAS, ANDREA
    Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como ?Efecto Bolboreta?, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: ?o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo?. Hadrián recollerá no seu di...
    En stock

    12,95 €

  • Violeta Tamurana
    MACEIRAS, ANDREA
    As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, c...
    En stock

    13,80 €

  • Alma de Elefante
    MACEIRAS, ANDREA
    Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,50 €

  • Que me Pare o Corazón se te Esquezo
    MACEIRAS, ANDREA
    Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo. Axiña as redes sociais difunden a nova da s...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • Alma de Elefante
    MACEIRAS, ANDREA
    XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, 2022El Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, dotado con 12.000 euros, se convoca anualmente con la intención de estimular la creación de obras en castellano dirigidas a lectores de entre ocho y catorce años. Desde 2004, cuando se convocó por primera vez, se premia la originalidad, la calidad literaria y la estética, co...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • A Folla Azul
    MACEIRAS, ANDREA
    A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E ...
    Sin stock . Consultar disponibilidad

    12,95 €